top of page

O BOCATA DO CHEF

🍽️ A NOSA NOVA SORPRESA GASTRONÓMICA🐷

Cada mes un Chef vangardista convidado visita o Chichalovers para elaborar un bocata exclusivo para a nosa carta. Esta proposta queda  durante un tempo limitado no Chichalovers (1 mes), para deleitar os vosos padales.

 Cada creación é única, feita co toque persoal e creativo de cada Chef para todos vós.

O de sempre, como nunca: o auténtico sabor da aldea.

Foto Eva & Fer adaptada_edited.jpg
Foto Eva & Fer adaptada_edited.jpg

Fernando Rodríguez e Eva Guzman son a alma do Restaurante O Secadeiro, un antigo secadeiro de cereal reconvertido nun espazo gastronómico de autor. Ubicado en Banzas (Outes) e con horta propia apostan por unha cociña de autor baseada na paisaxe. 

Recomendados na Guía Michelin e recén galardoados coa Estrela Verde.

Bocata do Secadeiro.jpg
5.png
3_edited.jpg

Paula e Lolo son puro Rock´n´Roll: innovan na tradición con producto de proximidade, ecolóxico, de temporada e da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Premiados co “Plato de Oro 2022”, “Touche Blanc 2022” e “Recoñecementos Biosfera 2021”, entre outros, ofrecen unha cociña de autor creativa que respeta a tradición dende o seu espazo ubicado en Betanzos.

1.png
Foto Eva & Fer adaptada_edited.jpg
Equipo Benedita Chef.jpg

Brisa Medina e Carlos Insua, chefs do Benedita Elisa (Santiago de Compostela), son grandes defensores do produto e a tradición. O seu estilo de cociña é unha mistura entre as súas raíces, tradicións e  viaxes polo mundo. Recomendados na Guía Repsol, son unha aposta segura se buscas facer unha viaxe exótica e divertida a través dos sentidos. A súa proposta do bocata do chef é unha proba delo.  

2.jpg
Foto Eva & Fer adaptada_edited.jpg
2.png

Iván Domínguez, chef de NaDo (A Coruña), é un firme defensor do produto e da tradición. A súa cociña combina raíces atlánticas con innovación, creando unha experiencia que evoca os sabores tradicionais e o coñecemento do territorio a través dos sentidos . Recomendado na Guía Repsol, NaDo é unha aposta segura para quen busca unha viaxe auténtica e divertida polos sabores do Atlántico

1.png
Foto Eva & Fer adaptada_edited.jpg
007.jpg

Begoña Vázquez, primeira muller en acadar o premio á Cociñeira Revelación no Fórum Gastronómico da Coruña 2024, é unha firme defensora do rural e do produto de proximidade. Dende o seu Restaurante en Verín,  elabora unha cociña exquisita, con profundas raíces e a identidade inconfundible da nosa terra.

A súa proposta para o Chichalovers é un fiel reflexo da súa filosofía culinaria: pan do país, chicharróns dos Capelo, queixo DaJosefa, panceta celta de Tres Fuciños, crema de castañas Naiciñas, bechamel de San Simón da Costa e pepino encurtido. Un bocata que non só ten sabor, senón tamén discurso: defende os valores e o compromiso que Begoña leva por bandeira.

054.jpg

CONTÁCTENOS

¡Muy pronto os contamos! 😜
SANTIAGO DE COMPOSTELA, GALICIA 
Email: chichalovers@chichalovers.gal

TODOS SOMOS OIDOS

Gracias por contactar co Chicha!

logotipo-solete-HORIZONTAL.jpg

Somos SOLETE con Solera x Guía Repsol!☀️

si429a_modelo_cartel_fse_2_page-0001.jpg

CRONOGRAMA

Muy pronto te lo contamos

  • Instagram
  • TikTok
Subvención Axuda ao Emprendemento Xunta_page-0001.jpg
bottom of page